martes, 19 de enero de 2010

ACTUACIÓN NA MACEIRIÑA

Comenzamos o ano con actuacións, ainda que a estas alturas do ano tentamos traballar para no verán ter novas pezas que nsinarvos. O próximo domingo día 7 de febreiro actuaremos na Asociación de Veciños de Maceiriña. Temos moitas ganas, xa que actuamos na casa e na casa sempre nos tratan ben.
Ainda que estamos traballando de cara o verán haberá sorpresas para o noso público, o que sempre é fiel e nos acompaña alá onde vaiamos. Polo que anímovos a que asistades a vernos tanto se xa nos coñecedes coma senón. Ademáis estará convidado tamén o grupo de baile da Asociación de Veciños de Cabral e entre os dous seguro que amenizamos unha tarde de inverno, moito máis interesante que quedar na casa non si?