domingo, 30 de agosto de 2009

Algunhas fotos da romería









Outro ano de Romería

Outro ano de Romería do Pan de Millo pasou e coido que non estuvo mal non? Pola mañá actuou o grupo de Baile Folclórico Cototgrande de Cabral, bailamos e bailamos ben xa que botamos cuarenta e cinco minutos de actuación do grupo de baile, creo que xa non tiñamos máis pezas para votar despois das dez que interpretamos entre os nenos, medianos, maiores e pais. Acabamos cansadiños entre tanta peza e o calor que facía no monte a mañá non foi nada levadeira, tivemos un presentador que xa lle gustaría ter na TVG e Miro volveu repetir como bombeiro do grupo do baile, inda lle da xeito eh!

Pola tarde tocoulle o turno o grupo de gaitas
Fume de Caroso, botaronnos do palco por falta de tempo pero pasamos un bo rato, notábase que estábamos na casa porque estivamos relaxados de mais, pero como sempre gustamos.

Vendimos bastantes camisetas das que quedaban e ainda fixemos cartos, moi boa idea a de Uxio de facer rifas, espero que mañá non veña ninguen que queira levarnos ao cárcere xa que pasado o día ... Miro foi o mellor vendedor de todos xa que vendía as camisetas e a xente as levava postas e todo. Coido que foi un moi bo día e espero non ter que esperar un ano para repetilo.

martes, 25 de agosto de 2009

Romería do Pan de Millo

Despois deste receso no blog por causas diversas estou de volta. Espero que todo fora ben na actuación de Hio, estou case segura de que así foi. Este domingo temos a última actuación desta temporada en ambolos dous grupos, na Romería do Pan de Millo, como imaxino que xa saberedes. Pola mañá actuará o grupo de baile Folclórico Cotogrande de Cabral e pola tarde Fume de Caroso. Convidovos a todos a que vos pasedes polo monte de Cabral, ainda que non queirades mirarnos, xa que coido que é unha festa do ensalzamento do pan de millo na que se poden degustar productos da terra e pasar un bó rato no monte. Sexa pola razón que sexa espero mirarvos a todos a domingo na Romería do Pan de Millo.

miércoles, 12 de agosto de 2009

Ainda máis cansos

Se o venres pasado fume de caroso quedou canso coa camiñata que fixemos polas rúas de Vigo, ainda máis quedou onte o grupo de baile xa que levavamos guia, e polo tanto fixemos un recorrido máis longo e parando a bailar, ainda por riba facia moito calor debido a esta chegada repentina do calor que ninguen contaba con ela. Esperamos que o próximo ano se hai que facelo se den conta que e mellor camiñar menos e baillar máis. Vemonos o próximo sábado en Hio que esperamos que sexa unha actuación mellor e menos cansada.

sábado, 8 de agosto de 2009

Cansadiños

Despois da actuación de hoxe pouco máis que non esté dito pódese dicir. Empezamos a tocar no MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), tal e como a Agrupación mandaba despois de un par de peciñas empezamolo camiño cara a Praza da Constitución facendo antes duas paradiñas máis para a xente que pola rúa do Príncipe nos acompañaba. Unha vez na Praza da Constitución descasiño e continuamos cara a Praza de Compostela onde non había nin unha alma, menos mal que despóis uníronse a nos un grupiño de mozas que baillaba o ritmo das nosa música.

Acabamos cansos despoís de hora e media tocando e percorrendo as rúas para aledar as festas de verán da cidade. Pero despoís de todo a xente que nos atopamos polo camiño era moi agradecida e escoitábanos con delicia. O rematar "premiaronnos" con agua e uns bocadillos; coisoque o martes e mellor pasala gorriña porque así sacamos un maior proveito desta actuación.

martes, 4 de agosto de 2009

Actuacións nas Festas de Vigo

Como imaxino que saberedes ol próximo venres,día 7, fume de caroso actuará nas festas de verán de Vigo e baile fará esa misma actuación o martes día 11 de agosto. É importante que saibades que onte a última hora decidiron cambiear o percorrido das actuaciones, polo que queda do seguinte xeito: comenzamolo recorrido no MARCO onde se fai unha primeira actuación; continúase ata a Praza da Constitución, onde se realiza a segunda actuación; dende ahí a Praza de Compostela onde se fará unha terceira actuación e remataremos na Laxe cunha derradeira actuación. En cada unha das paradas farase unha actuación de alo menos unha peza, despóis será a profesora quen decida cantas pezas se botan en cada parada. Se tedes algunha dúbida xa sabedes que podedes preguntar cando querades. Espero veros a todos nas dúas actuacións.

domingo, 2 de agosto de 2009

Toca volver

Despois desta semana de vacacións xa toca volver ao traballo, así que despoís de disfrutar unha semaniña case de verán toca volvelo choio empezamos mañá con baile que hai que porse a punto para as actuacións deste mes; que non son moitas e permitirános disfrutar do verán, se e que chega dunha vez por todas. Así que espero veros a todos coas pilar recargadas para o que queda de tempada.