Empezamos a preparala viaxe a Esmoriz, Portugal. En principio coma na anterior viaxe intentarase, se é posible, levar un autobús para os acompañantes que os membros do grupo queiran levar. Comentar que esta vez o festival é un sábado pola noite; pero probablemente marcharemos xa de mañá para pasar o día alí xa que é un pobo cerquiña da costa. Así facemos un pouco de socialización entre os diferentes membros do grupo que sempre é importante.
lunes, 29 de junio de 2009
Esmoriz
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
grupo de baile,
portugal
viernes, 26 de junio de 2009
Mañá San Xoán en Maceiriña
Si! Xa sei que San Xoán foi o martes pasado, non me estou a equivocar, pero é que mañá a Asociación de Veciños de Maceiriña celebra o seu San Xoan, para que poidamos disfrutar por día doble desta festa. Para amenizala cacharela estará ali Fume de Caroso que a festa gustanos a todos; e como non haberá ademáis dunha cacharela sardiñas e viño para acompañala festa. Así que si o martes non tivestes oportunidade xa sabedes, vémonos o mañá sábado en Maceiriña.
Etiquetas:
folclórico,
fume de caroso,
gaita
lunes, 22 de junio de 2009
Viaxe a Moreira
Bueno despoís do día de onte chegou o momento de comentalo, como xa sabedes onte fomos de viaxe a Moreira Portugal, fraguesía de Monçao. A viaxe estivo moi ben, como case todalas viaxes. O principal problema que tivemos e coido que o último foi o tempo, fixo demasiado calor; ata o mediodía levouse bastante ben, hai quen foi a catar a super bock e hai quen quedou a xogar toda a mañá. Despois disusemonos a xantar convidados polo grupo que nos acolleu un menú típico e variado que fixo as delicias de todos os que fomos. A partires do mediodía rozamos os cuarenta grados e morríamos de calor, e aínda para axudar máis non había unha árbora na que porse a sombra pero levouse como se puido e grazas a axuda dos país que mantiveron o grupo hidratado con auga dabondo non sólo para beber senón tamén para refrescarnos de cando en vez. Tentaremos que a próxima viaxe a Portugal o día 18 de xullo, como imaxino que saberedes sexa mellor que esta. Pola miña parte nada máis que dicir, ou eso creo.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
gaita,
grupo de baile,
portugal
miércoles, 17 de junio de 2009
Foto grupo Gijón 2008
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
gaita,
grupo de baile
Sen acompañantes
Ó final non se reuniu o número necesario de xente para encher o autobús dos acompañantes, polo que tivo que anularse. A non ser que cada acompañante pague 50€ pola viaxe, o que creo que non vai a ser posible non é así? Espero que esta decisión non cause moitos trastornos aos acompañantes que querían ir no autobús, así como que todos os membros dos grupos tanto do grupo de baile Cotogrande de Cabral como de Fume de Caroso, vaian a actuación ainda que sexa sen acompoñantes. Xa que os acompañantes que nos queren mirar non son parte implicada do grupo, sempre serán benvidos e estamos encantados de que as nosas familias veñan a mirarnos pero o Centro Cultural non ten a obriga de financiala sua viaxe. A ver se para o 18 de julio podemos encher o autobús!
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
gaita,
grupo de baile,
portugal
lunes, 15 de junio de 2009
Acompañantes Moreira (Portugal)
Se está a xestionar un autobús para todo aquel que quera acompañar ao Grupo Folclórico de Cabral a nosa actuación en Moreira, Portugal; o prezo variará segundo o número de persoas que decida acompañarnos. É unha boa oportunidade non só para ver e oir o Grupo, coma sempre, senón tamén para coñecernos entre todos e facer "piña". O cal considero moi importante porque a unión fai a forza e a unidade fai que se manteña o grupo por moitos anos e que as crises, que as haberá, cheguen máis tarde e sexan máis fáciles de solucionar. Pero bueno o que ibámos que quen queira acompañarnos a Portugal que o faga saber canto antes.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
gaita,
grupo de baile,
portugal
martes, 9 de junio de 2009
Qué guapas!
Onte estiven no ensaio do grupo de adultos, e aparte de ensaiar os bailes estiveron probándose os seus traxes novos, que xa case teñen listos para estrenar o día 12 de xullo no Festival Folclórico Internacional do Centro Cultural de Cabral. A verdade e que os traxes estan moi bonitos, van sela envidia de todo aquel que os mire, e que guapas están con eles. Algunhas parecen nenas pequenas dando voltas de arredor para mirar o vuelo que teñes as faldas. A verdade e que da gusto ver a ilusión e os nervios que teñen ante a súa primeira actuación; así que temos que ir todos a apoialos, que seguro que o faran moi ben.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
grupo de baile
lunes, 8 de junio de 2009
Moreira Portugal
O vindeiro día 21 deste mes teremos a nosa próxima actuación, na que poderedes disfrutar das novas pezas xa que estrenaremos o repertorio deste novo ano. Como imaxino que saberedes será en Moreira Portugal, pretiño de Monçao. Marcharemos do Centro Cultural da Becerreira ás 9:30 da mañá xa que nos estarán esperando para convidarnos a un xantar sobre ás 12 do medio día (ás 13 hora española) e o Festival comenzará as 15 horas (16 hora española), depois de facéla dixestión, pra poder facela nosa actuación máis lixeiriños. Non é moi lonxe así que imaxino que non volveremos moi tarde.
Etiquetas:
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
gaita,
grupo de baile,
portugal
Próximas actuacións dos nosos grupos
- 21 xuño: Moreira Portugal, grupo completo
- 23 xuño: Monte da Mina, Fume de Caroso
- 27 xuño: Maceiriña, Fume de Caroso
- 28 xuño: Sanxenso, Fume de Caroso
- 12 xullo: Festival Folclórico Internacional, grupo completo
- 18 xullo: Esmoriz Portugal, grupo completo
- 11 agosto: Festas Cristo da Victoria, grupo de baile Cotogrande
- 15 agosto:Hio Cangas, grupo de baile Cotogrande
- 30 agosto: Romería do Pan de Millo, grupo completo
- 5 setembro: Castrelos, Fume de Caroso
Etiquetas:
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
gaita,
grupo de baile
Que pena!
Creíamos que na nosa próxima actuación, a Moreira Portugal, iase a estrenar o noso grupo dos adultos, formado na súa maioría como xa sabedes por país das nenas que actualmente bailan no grupo. Pero por problemas varios, non terán a oportunidade de facelo ata a próxima actuación, que seguramente será no Festival Folclórico Internacional do Centro Cultural e Recreativo de Cabral o día 12 de xullo. Como xa dixen é unha pena! porque ademáis de bailar demostrarán a tódolos presentes que nunca é tarde si a dita é boa, e a ver si así se animan máis persoas que creén que non poderían facelo.
Etiquetas:
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
grupo de baile
martes, 2 de junio de 2009
Imonos a Portugal
O próximo día 21 de xuño imos tocar a Protugal, a un pequeno pobo a 25 kilómetros de Monçao, inda non nos dixeron o nome exacto do pobo nin en que dirección está dende Monçao pero o certo é que nos imos o grupo o completo, Fume de Caroso e Baile Cotogrande, ademáis será a presentación do grupo de adultos, composto maioritariamente por pais e nais das rapazas e rapazes do grupo. Haberá que miralos e sobretodo apoialos.
Convidáronnos a xantar antes da actuación, polo que marcharemos de mañá para estar alí ó mediodia , mellor xa que o ser un domingo o día seguinte hai que traballar. Estamos xetionando a contratación dun autobús para os familiares e acompañantes dos compoñentes do grupo, pero todo dependerá do número de persoas que se queiran animar, así que xa sabes se os apetece acompañanos facedo saber. Pouco a pouco iremos engadindo novas noticias para que todos estemos informados.
Convidáronnos a xantar antes da actuación, polo que marcharemos de mañá para estar alí ó mediodia , mellor xa que o ser un domingo o día seguinte hai que traballar. Estamos xetionando a contratación dun autobús para os familiares e acompañantes dos compoñentes do grupo, pero todo dependerá do número de persoas que se queiran animar, así que xa sabes se os apetece acompañanos facedo saber. Pouco a pouco iremos engadindo novas noticias para que todos estemos informados.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
gaita
lunes, 1 de junio de 2009
Liceo de Bouzas
O pasado venres, 29 de maio, Fume de Caroso actuo, como imaxino que saberedes no Liceo de Bouzas. Ó carón da ría con motivo da presentación da nova directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Rodeados dos representantes das diferentes administración e asociación culturais da nosa cidade, tocaron despois dos discursos para animar o aperitivo co que a directiva convidou ós asistentes.
Etiquetas:
fume de caroso,
gaita,
Liceo de Bouzas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
