miércoles, 27 de mayo de 2009

Actuación Liceo de Bouzas



Si queredes ter outra oportunidade de ver unha actuación de Fume de Caroso, ou para os que ainda non nos coñecen este venres, día 29 de maio, vemonos no Liceo de Bouzas a partir das oito da tarde.

Actuación Caixanova


Onte Fume de Caroso actuou no Centro Cultural Caixanova, con motivo do cuadraxésimo aniversario de Galicia Social. Que ben lucía o noso grupo no escenario do teatro. Foi unha pena que nos botaran en mitade da actuación porque Aarón non anduvo fino e olvidouse do ritmo de Rosas Blancas, feito que o presentador do acto aproveitou para agradecernos nosa actuación e tamen cortárnola. Que pena, ¿cándo poderemos repetir no Caixanova?

lunes, 25 de mayo de 2009

Presentación

O Grupo Folclórico Cabral está composto por unha parte polo Grupo de Gaitas “Fume de Caroso”, có que podemos escoitar o son das gaitas, panderetas, bombo, tambor, cunchas, acordeón e piñas. Actualmente conta con un gran número de pezas do noso repertorio máis tradicional que van dende xotas, pasodobles, vals, rumbas, hata nosa internacional muiñeira. A maioría das pezas que compoñen o repertorio son coñecidas polo público asistente, polo que moitas veces non poden deixar de acompañar nosa música có cante tradicional de cada unha das pezas.

Por outro lado contamos có grupo de baile tradicional “Cotogrande”, composto a súa vez por tres grupos: nenos, maiores e adultos, este último de reciente creación, os seus membros son principalmente pais do alumnos e demostran que nunca é tarde se o dito é bo. Os bailes que executamos son tamén tradicionais como a coñecida muiñeira, xotas, ribeiranas, polcas e pasodobles. Todos eles cun alto nivel de exisencia na súa realización.