martes, 29 de diciembre de 2009

BAILE CONTOGRANDE NO CASCO VELLO

Se o tempo nolo permite mañá mércores a partir das 20:00 do seran, o Grupo de Baile Cotogrande de Cabral actuará no Casco Vello. Entre a Praza da Pedra e a Igrexa da Colegiata. Imos coma sempre dispostos a animar a tódolos que se atrevan a ver a nosa actuación a pesar do frio e o vento, se chove teremos que suspender a actuación, polo que estamos atados ás inclemencias do tempo. Temos ganas de pasar un tempo de lecer xuntos nesta época de nadal polo que imos dispostos a disfrutar e facer disfrutar a quen veña a vernos, eso si se o tempo nolo permite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario