
Tal e como estaba anunciado o pasado sábado, 7 de novembro, actuamos no primeiro magosto deste outono no Centro Cultural e Recreativo de Cabral, na nosa casa. Fixemos unha boa festa para acompañar os veciños que se congreraron ali a comer castañas e beber viño, que das duas cousas había fartura. Imaxinade que boa foi a festa que nin o alcalde de Vigo quixo perdela. Polo que algún tentou impresionar de máis non só o mencioado político senón tamén a cámara de Localia que viu a recollela noticia.
Como podedes observar estreamos os dichosos forros polares que tanto que falar deron. Despois de tanta leria parece que todos estamos contentos que eso é o importante. Así que agora deixo algunhas imaxes para que vexades o ghuapos que estábamos.




No hay comentarios:
Publicar un comentario