martes, 29 de septiembre de 2009

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL

Como xa sabedes estamos tentando facer unha escola de iniciados, na que se poderá aprender a tocar a gaita e tamén a percusión (tambor, panderetas, bombo,...). Xa temos un grupiño de xente para ir empezando pero gustaríanos que ese grupo aumentase, polo que anímovos a todos a que veñades a aprender a tocar un instrumento tradicional. Lembramos que a idade non é un problema para nós, xa que contamos con nenos dende os 6 anos ata adulto de 60 así espero que deixedes a vergoña a un lado e nos acompañedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario