sábado, 8 de agosto de 2009

Cansadiños

Despois da actuación de hoxe pouco máis que non esté dito pódese dicir. Empezamos a tocar no MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), tal e como a Agrupación mandaba despois de un par de peciñas empezamolo camiño cara a Praza da Constitución facendo antes duas paradiñas máis para a xente que pola rúa do Príncipe nos acompañaba. Unha vez na Praza da Constitución descasiño e continuamos cara a Praza de Compostela onde non había nin unha alma, menos mal que despóis uníronse a nos un grupiño de mozas que baillaba o ritmo das nosa música.

Acabamos cansos despoís de hora e media tocando e percorrendo as rúas para aledar as festas de verán da cidade. Pero despoís de todo a xente que nos atopamos polo camiño era moi agradecida e escoitábanos con delicia. O rematar "premiaronnos" con agua e uns bocadillos; coisoque o martes e mellor pasala gorriña porque así sacamos un maior proveito desta actuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario