martes, 2 de junio de 2009

Imonos a Portugal

O próximo día 21 de xuño imos tocar a Protugal, a un pequeno pobo a 25 kilómetros de Monçao, inda non nos dixeron o nome exacto do pobo nin en que dirección está dende Monçao pero o certo é que nos imos o grupo o completo, Fume de Caroso e Baile Cotogrande, ademáis será a presentación do grupo de adultos, composto maioritariamente por pais e nais das rapazas e rapazes do grupo. Haberá que miralos e sobretodo apoialos.


Convidáronnos a xantar antes da actuación, polo que marcharemos de mañá para estar alí ó mediodia , mellor xa que o ser un domingo o día seguinte hai que traballar. Estamos xetionando a contratación dun autobús para os familiares e acompañantes dos compoñentes do grupo, pero todo dependerá do número de persoas que se queiran animar, así que xa sabes se os apetece acompañanos facedo saber. Pouco a pouco iremos engadindo novas noticias para que todos estemos informados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario